lunes, 4 de marzo de 2013

HISTORIA E ARTE SACRO NO VENRES SANTO DA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA.



O profesor ferrolán D. Julio González Montañés, especialista en historia da arte antiga e medieval, elaborou súa tese doutoral  sobre as relacións entre o teatro e a iconografía durante a idade media; para elo, partiu de varias investigacións que foi estendendo durante a súa vida profesional.  Como froito desas pescudas, aloxou en Internet un traballo titulado,“Representaciones de la Pasión” onde analiza as cerimonias do desencravo, e baixada dunha imaxe de Cristo dende a cruz durante o Venres Santo, dende as súas orixes no século XIV, ata a época actual. Nun dos seus parágrafos salienta o seguinte:

Otro caso muy interesante de Desenclavo litúrgico que todavía se realiza en nuestros días y que está documentado desde 1672, es el que tiene lugar en la iglesia parroquial de San Martín de Moaña (Pontevedra)…

Efectivamente, na igrexa románica de Moaña é moi probable que o Desencravo se representara dende o século XIV, o mesmo que sucedía, con certeza, nas de Fisterra, Hospital do Incio, catedral de Ourense e mosteiro de Santo Domingo de Tui pois, desa época, aínda se conservan os cristos articulados que formaron parte das representacións medievais; o último deles depositado actualmente no  museo diocesano tudense.


         Imaxes do Desencravo na capela maior da igrexa de San Martiño

Por tal motivo, podería encontrase no templo moañés unha primeira talla desa época, malia que non se coñezan, ata o de agora, documentos que o poidan demostrar; non obstante, si están escrituradas as constitucións da confraría de Nosa Señora da Soidade que salientan, deste xeito, que na data do 10 de outubro de 1.672 xa existía un “santo cristo” :

... Regiendo la yglesia apostólica Romana la santidad del papa clemente dézimo y siendo Rey de las españas Don Carlos segundo y arzobispo de este arzobispado el excelentísimo Don Andrés girón y teniendo atención Doña catalina basquez de pígara vezina de dicha feligresía que no avía imagen de nuestra señora de la soledad, que se hizo Acosta de los cofrades siendo mayordoma y sea echo y colocado en el altar coletoral de donde oy sealla  y con un santo cristo en el santo sepulcro bestida y adornada con la decencia que se requiere …

Da lectura deste encabezamento, dedúcese que un pouco antes de asinarse as devanditas constitucións, foi mercada a imaxe dunha  virxe de vestir, que logo de situarse nese altar, trasladouse ao  retablo barroco da capela, engadida á igrexa no século XVIII; nela estivo ata 1926, ano en que a substituíron pola actual Virxe das Dores, despois de reformarse o camarín, para que coubese nel.  





Representación do Desencravo moañés

Este anaco do texto constitucional, amosa que a cerimonia do Desencravo, cunha orixe anterior ao século XVII, regulamentouse logo nas ordenanzas dunha confraría, que ía ter como confrades a todos os veciños de Moaña e algúns das parroquias veciñas, encabezados polos seguintes persoeiros:

Primeramente addmitimos en esta santa Cofradía a nuestro muy Santo padre y a los que les subcedieran en la sed apostólica Romana y a nuestro Rey y Señor Don carlos segundo, que nuestra señora sea intercesora con su preciosísimo hijo. Le dexe Reinar en la corona de hespaña para que Seazote contra los ynfieles y lo mesmo addimitimos a todos  Sus subcesores en dcha. Corona y al excmo señor Don andrés girón arzobispo y señor de la ciudad de santiago y su arzobispado y alos demás señores arzobispos que le subcedieren y a su bicario gral. , Bisitadores en su arzobispado y a todos los abbades y Curas que fueren  en esta  yglecia como desde luego ad dimitimos también al licenciado Don Juan Suarez de Saavedra y figª  abbad de la dha. iglecia de moaña.

   
Cristo do Desencravo en estado Xacente

O capitulo mais detallado destas constitucións,  é o que se relaciona coa procesión do Santo Enterro, que debería celebrarse na anoitecida de cada Venres Santo, ao dar remate a representación do Desencravo; de seguido reprodúcese literalmente:

Otrosi hordenamos que el biernes Santo de cada un año se aga la procesión de nuestra ssª de la Soledad, Al anochecer y sino, será a la hora a disposeción del cura y es condición que el mayordomo ha de ser obligado a traer un predicador que predique el Biernes Santo por la mañana el sermón de la pación de nuestro Señor Jesucristo y a la tarde el sermón del mandato y dezendimiento de la cruz y le pagará el mayordomo a costa de dicha cofradía lo que concertare con dicho predicador y en la proceción que el mayordomo sea obligado a tener prebenidos quatro sacerdotes para que lleben en el sepulcro a nuestro señor por la parte que sea costumbre hazer la proceción y lo mesmo estén prevenidos Para hazer el dezendimiento de la cruz el viernes a la tarde y después entran en la proceción y los traerá  el mayordomo por lo que pudiere  consertar, y si el cura los hubiere de devoción que el mayordomo no esté obligado a ello, que es condición que todos los cofrades an de llebar sus belas encendidas en la procesión Y acompañando a nuestra señora de la Soledad, que la an de llebar quatro cofrades de los mas de su posesión. Y a arbitrio del mayordomo que fuere y delante de la procesión yrá por gión el pendón de la cofradía de nuestra Señora y después la crus en que estubo enclavado nuestro Señor que lo llebará un sacerdote con su alba y estola, para mayor Respeto y Veneración y los sacerdotes que acompañasen el santo sepulcro irán cantando el salmo de misereremei.

A finais do século XVII hai constancia, a carón do que reflictan os libros da confraría, que se contrataba unha persoa, por dous reais, para que tocara o tambor nas procesións do Venres Santo; que lle pagaban a unha moza tres reais por coller millo polas casas e seis ao mozo que recollía viño, co obxecto de afrontar os gastos das celebracións; tamén, que durante varios anos, era un gaiteiro quen acompañaba cada desfile procesional e que posteriormente, no 1876, durante a procesión de  Nosa Señora da Soidade, tocaron pola primeira vez músicos que puideron formar parte da primeira banda moañesa, a dos “Bichucos”, contratados por vinte reais que pasaron a oitenta en 1.884, xa que o facían durante varios días da Semana Santa; subliñan logo, que nese último ano, botaron foguetes por un custe de sesenta reais.

  
Procesión do Santo Enterro saíndo da igrexa de San Martiño

A carón do adro baixo, nun cruzamento de camiños, encóntrase o pequeno Cruceiro da Soidade trasladado, a comezos do século XX, dende o seu emprazamento orixinario que compartiu co máis moderno e monumental “Cruceiro das Angurias”; arredor del, daban volta as procesións máis solemnes, antes de recollerse na igrexa. Na súa cruz está gravada a seguinte epigrafía:

                        JS     LA SOLEDAD DE  M.

Significa: Jesus Sanctus, la Soledad de María.

Aínda que non se atopou documentación que o datara, pola súas características arquitectónicas, é posible que se construíra no século XVII por mandato dos devotos da Virxe da Soidade

Na época actual, aínda se celebra o Venres Santo do mesmo xeito que ordenaron as citadas constitucións da confraría, extinguida a finais do século XIX, malia que unicamente o párroco, a banda de música de Moaña e unha pequena cantidade de fregueses asisten ao Desencravo e posterior procesión do Santo Enterro, pola contra da multitude de moañeses que acudían aos actos litúrxicos ata 1964, ano en que á mesma hora, de xeito competitivo, comezaron a desenvolverse actos litúrxicos e procesionais no recen consagrado templo parroquial do Carme. Tampouco se contratan frades predicadores que impoñan un recargado dramatismo á representación teatral relixiosa, como acontecía en tempos pasados. Non obstante, para os crentes e amigos do arte e das tradicións,  continúa impresionando a contemplación, no centro do presbiterio, dunha cruz de mais de tres metros de altura, cun fermoso Cristo articulado cravado; a  imaxe da Virxe das Dores na súa dereita e a  monumental urna de madeira e cristal á esquerda.

As devanditas imaxes do Cristo, Virxe e Urna foron encargados en 1.926 por unha veciña de Ameixoada, chamada Josefa Freire, ao mellor imaxineiro galego do século XX, o santiagués Xosé Rivas Rodríguez, autor tamén das tallas de San Martiño e Virxe do Carme mariñeira. A riqueza artística das tallas da Semana Santa moañesa complétase con outra excepcional, a da Virxe Dolorosa, feita polo catalán Agustín Querol i Subirats, un dos mellores escultores españois do século XIX, autor de monumentos de bronce en toda España e parte de América, entre os que cumpre destacar a estatua de Méndez Núñez, de Vigo; tamén hai constancia de que tallou outra Dolorosa, conservada na capela da Misericordia de Tui, que procesiona  cada Venres Santo.
 


Cruceiro da Soidade e Dolorosa do escultor catalán Querol.

O espectáculo relixioso – histórico – artístico do Desencravo e a posterior procesión polo casco antigo da freguesía de Moaña. só teñen lugar unha vez cada ano, polo que merece a pena acudir a igrexa de San Martiño, no serán do Venres Santo, para contemplalos,



Manuel Uxío García Barreiro
O Cruceiro – Moaña, marzo 2013.